Amigo invisible sen rexistros nin correos
Escribe os nomes, sortea e manda a cada persoa a súa papeleta por WhatsApp. Ninguén ve a quen lles regalan os demais, tampouco quen organiza.
Sorteos que fixeches neste dispositivo:
Como funciona
- N.º 1
Apuntas os nomes
E, se queres, o día da entrega e o máximo que se pode gastar.
- N.º 2
Mándaslle a cadaquén a súa papeleta
Unha ligazón por persoa, cun botón para enviala por WhatsApp.
- N.º 3
Cadaquén desdóbraa a soas
Ve a quen lle regala e que pediu esa persoa, e deixa escrita a súa propia lista.
Se non sabes que regalar
- Por menos de 10 eurosDez euros dan para máis do que parece se escolles algo que se usa ou se come.
- Por menos de 20 eurosO orzamento máis habitual. Hai marxe para regalar algo que a persoa non mercaría para si.
- Por menos de 30 eurosCon trinta euros xa se pode regalar algo que dure.
- Para compañeiros de traballoQue regalarlle a alguén con quen compartes oficina pero non confianza.
- Para nenosIdeas para o amigo invisible do cole ou dos curmáns, con pouco orzamento.
- Para quen lle gusta cociñarUtensilios e ingredientes que un afeccionado á cociña usa de verdade.
Dúbidas habituais
- Hai que rexistrarse ou dar o correo?
- Non. Só se escriben os nomes. Cada persoa recibe unha ligazón propia e con iso abonda.
- Quen organiza pode ver a quen lle regala cadaquén?
- Non. O sorteo faise no servidor e o panel de quen organiza só amosa quen abriu xa a súa papeleta. Para saber a quen lle regala, abre a súa como os demais.
- Pódese evitar que as parellas se regalen entre si?
- Si. Antes de sortear, desprega «Hai persoas que non deben regalarse entre si» e marca as parellas. Se con esas condicións non hai reparto posible, avisámoste.
- Que pasa se alguén perde a súa ligazón?
- Quen organiza pode volver ao seu panel e reenviala. Por iso convén gardar a ligazón do panel ao rematar o sorteo.
- Canto tempo se gardan os nomes?
- O sorteo bórrase só 60 días despois da data de entrega.